CRTVG

Buscar

Sanidade reforza en xuño as inspeccións nos establecementos de restauración colectiva

Publicado o 04/06/2019 16:46

Sanidade reforza as inspeccións nos establecementos de restauración colectiva durante este mes de xuño. Serán obxecto desta campaña restaurantes, cafeterías, autoservizos, servizo a domicilio, comida rápida e tamén aqueles locales en que se sirvan tapas, racións e petiscos.

Comprobarán a hixiene dos establecementos, a rastrexabilidade das materias primas, con especial atención a moluscos e queixos, que non se empreguen envases que se poidan reencher e tamén prestarán atención á información que se lles ofrece aos consumidores, especialmente a realacionada cos alérxenos.

Esta campaña especial desenvolverase ao longo de todo o mes de xuño.



 

Noticias web

04/06/2019