CRTVG

Buscar

Sanidade recoñece o incremento de agresións a sanitarios

Publicado o 05/02/2021 11:12

O colectivo sanitario está non só a levar o gran peso da pandemia, senón que ademais poñen en rico a súa vida e tamén a dos familiares, traballan co virus e expóñense a grandes cargar víricas.

Son heroes, pero a pregunta é que lles pasa a algúns? E facémonos esta pregunta porque segundo o CSIF e tamén o Ministerio de Sanidade, hai un incremento das agresións a sanitarios.

O CSIF mantivo unha reunión co Ministerio, alí presentáronlles os datos sobre agresións neste último ano. Os lugares onde máis se producen son nos centros de Atención Primaria como en centros de atención especializada.

A taxa de agresións e do 17,7 %. O perfil de agresor é home e a vítima, muller. Os profesionais máis agredidos son os médicos e enfermeiras.

Levan anos denunciando a situación. Contan con protocolos de prevención, pero non resultan eficaces.

Reclaman que haxa persoal de seguridade nos PAC, lugar onde se producen máis agresións.

 

Noticias web

05/02/2021