CRTVG

Buscar

Sanidade recomenda non consumir certos produtos Modilac e Blemil

Publicado o 12/02/2019 21:03

Sanidade recomenda non consumir determinados alimentos infantís por un brote de salmonelose detectado en Francia nas marcas Modilac e Blemil. Malia non darse ningún caso en España, a Axencia de Seguridade Alimentaria xa os retirou dos puntos de venda, posto que os dous son de fabricación española.

Estase a investigar o posible foco de contaminación e, en calquera caso, tanto a compañía como as autoriadades recordan que o produto afectado é únicamente o Blemil PLus 1 arroz e Blemil Plus 2 arroz. Para verificalo cómpre fixarse na referencia e nos lotes que está na base do produto.

Noticias web

12/02/2019