CRTVG

Buscar

Sanidade pon o foco nas xuntanzas familiares ante o aumento de casos na Laracha, Carballo e Ourense

Publicado o 03/09/2020 14:37

Sanidade pon o foco nas xuntanzas familiares como causa dese aumento nos contaxios da Covid-19. Preocupa a situación en tres concellos: na Laracha, Carballo e tamén Ourense, onde os últimos gromos detectados tiveron que ver precisamente con eses contactos sociais. Así que os expertos piden que non se relaxen as medidas preventivas, pero para frear ese aumento de afectados pola Covid-19 tiveron que restrinxir ese número de persoas que se poden xuntar. Non poden ser máis de dez. Unha restrición que foi ben acollida nos concellos afectados.

Seguen medrando os contaxios: na Laracha, 31 positivos máis; en Carballo, 77 e en Ourense, 24 casos máis ca onte.
Din os expertos que moitos destes contaxios están relacionados con esas reunións familiares onde relaxamos as medidas preventivas.
Así que precaución nesas reunións coa familia e cos amigos. Terán que ser xuntanzas dun máximo de dez persoas
Novas restricións pois nestes concellos que a xente entende. É necesario frear os contaxios.
Se esas xuntanzas se producen, mellor que sexan con pouca xente en espazos abertos, ben ventilados e sempre con máscara

Noticias web

03/09/2020