CRTVG

Buscar

Sanidade podería aliviar este martes as restricións en Verín

Publicado o 24/11/2020 19:57

Os veciños de Verín están máis pendentes ca ninguén da reunión do comité clínico. Confían en que lles alivien as restricións que comezaron o 8 de outubro limitando as reunións a non conviventes e logo se ampliaron cos controis de mobilidade. Os hostalerios xa pecharan os negocios un mes antes de que fora obrigatorio.

"O contaxio non estaba na hostalaría pero servimos para concienciar e para recucir o contacto social que formar parte dos nosos negocios", di o presidente dos hostaleiros da comarca de Monterrei.

Cabana e Coristanco, á cabeza na incidencia en Galicia

Na comarca de Bergantiños ainda non se nota a melloría despois dez días de restricións. Dous concellos, Cabana e Coristanco teñen das maiores incidencias da covid de toda Galicia.

Estabilízanse os contaxios en Galicia

No conxunto de Galicia redúcense os casos activos e estabilizanse os contaxios, aínda que nas últimas xornadas se fixeron menos probas pcr. As áreas sanitarias de Pontevedra e Vigo teñen unha incidencia por riba da media da comunidade ainda que na cidade olívica se observa unha melloría.

"A toda a cidade e se me permiten a toda a área sanitaria pídolles manter a constancia no cumprimento das normas porque dan resultados", aconsellaba o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Pero a desaceleración dos contaxios tardan en notarse na presión asistencial. De feito a área sanitaria de Ourense que é a que presenta unha mellor evolución duplica a porcentaxe media de Galicia de persoas infectadas que precisan hospitalización.

Noticias web

24/11/2020