Sanidade permite a apertura de comercios de máis de 400 metros e a caza e pesca deportiva na fase 1
O ministro de Sanidade, Salvador Illa, detallou este venres as medidas que permitirán para as comunidades ou áreas sanitarias que están ou pasan á fase un.
- Permitiranse actividades de caza e pesca.
- Os locais de máis de 400 metros poderán abrir delimitando o espazo de atención ao público a esa medida, cumprindo cunha serie de requisitos que se especificarán.
- Que as comunidades autónomas determinen a apertura dos centros de día para garantir a prestación do catálogo de servizos ou que valoren se é mellor prestalo doutra forma.
A posibilidade de practicar a caza e a pesca así como a apertura dos locais de máis de 400 metros eran dous das medidas que pedía en Galicia a Xunta. En fase un, segundo o avanzado por Illa, tamén se permitirá que as comunidades autónomas determinen a apertura dos centros de día para garantir a prestación do catálogo de servizos ou que valoren se é mellor prestalo doutra forma. Todo iso en función da situación sanitaria.