Sanidade publica no DOG a orde coas medidas de prevención da covid-19 no distrito sanitario da Mariña
• Velaquí o contido íntegro da orde da Consellería de Sanidade no DOG
• Os concellos da costa afectados polo peche manteñen a mobilidade interna
• Baixan os contaxios en toda Galicia, agás na Mariña, con 30 novos casos
O brote da covid-19 na comarca ten agora case un cento de casos activos, 99 casos para sermos exactos. Imos á zona. A nosa compañeira Ana Castro está nun dos límites que restrinxirán o acceso a partir das doce desta noite.
Esta tarde o DOGA publicará as novas medidas restritivas para os 14 concellos que compoñen o distrito sanitario da Mariña, e límites coma este en que estamos xa non os poderemos cruzar agás por causa xustificada. Como por exemplo, ir traballar. A mobilidade dentro dos 14 concellos está permitida, pero recoméndase á poboación facer unicamente aqueles desprazamentos imprescindibles.
Outra das medidas que entran en vigor esta medianoite para dar por controlado o rebrote da Mariña é a limitación da ocupación nos locais ao 50 %, tamén en bares e restaurantes, comercios, bibliotecas e museos. E, moi importante: o uso da máscara; será obrigatoria nada máis saír da casa. Tamén en praias e piscinas, onde soamente poderemos quitala no momento do baño.
O brote da Mariña ten 99 casos activos, despois de que sete deles recibiran a alta nas últimas horas.