CRTVG

Buscar

Sanidade pecha Sarreaus, o concello coa incidencia máis alta de Galicia

Publicado o 11/12/2020 16:55
Sanidade pecha Sarreaus, o concello coa incidencia máis alta de Galicia

Preocupan moito os índices da epidemia en Sarreaus, un concello ourensán da comarca da Limia. Dende esta medianoite, estará prohibido saír e entrar do muncipio se non é por un motivo xustificado. Ademais, as xuntanzas redúcense a só catro persoas. Son os cambios que máis van notar os veciños porque xa tiñan a hostelaría pechada polos malos datos.

Nos últimos catorce días tiveron 43 novos contaxios nun muncipio que ten pouco máis de mil habitantes. Unha incidencia altísima que multiplica a de calquera outro punto de Galicia e que algúns vinculan coa actividade das matanzas do porco nas casas.

Noticias web

11/12/2020