Sanidade pecha os centros de vacinación masiva
Publicado o 30/09/2021 16:04
482.000. Esta é a cifra de doses administradas no Gaiás dende que comezou a campaña o pasado 11 de marzo. E para facer isto posible foi necesario mobilizar preto de 500 profesionais da área, entre persoal de enfermería, administración, informática, seguridade e mantemento. F
oron moitos meses de intenso traballo, e por iso hoxe a xerencia da área compostelá quixo achegarse ata aquí para agradecer a entrega e o bo facer de todo o persoal implicado neste operativo, formado tamén por voluntarios de Protección Civil, Cruz Vermella e membros das forzas de seguridade.
Lembrar tamén que a partir de agora os puntos de vacinación para a terceira dose serán nos hospitais de referencia da área sanitaria.