CRTVG

Buscar

Cinco mortes elevan a 2.283 os falecementos pola covid−19 en Galicia

Publicado o 09/03/2021 20:57
Cinco mortes elevan a 2.283 os falecementos pola covid−19 en Galicia

Sanidade acaba de informar do deceso de cinco persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Con estes datos, a cifra total de falecidos pola covid−19 ascende a 2.283 dende o comezo da pandemia en Galicia.

Os finados son, na xornada de onte, un home de 75 anos no CHUVI, un varón de 68 anos no HULA, un home de 79 anos no CHUVI e unha muller de 97 anos no CHUF procedente da Residencia DomusVi Laraxe de Cabanas.

Na xornada de hoxe, Sanidade notifica o falecemento dun home de 89 anos no HULA.

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, todas elas presentaban patoloxías previas.