Sanidade notifica 9.303 casos e 168 falecementos nas últimas 24 horas
Publicado o 28/10/2020 18:01

O último informe de Sanidade rexistra 19.765 novos casos de covid−19, 9.303 nas últimas 24 horas e 168 falecementos. A cifra total de contaxiados ascende xa a 1.136.503 e dende o inicio da pandemia faleceron en España 35.466 persoas.
No tocante ás hospitalizacións, hai 17.073 persoas ingresadas por covid−19. A porcentaxe de camas ocupadas sitúase no 13,79 %. Nas últimas horas producíronse 2.292 novos ingresos. No caso das UCI, o número de pacientes ingresados nestas unidades ascende a 2.368 (25,50 %). Con todo, nas útimas 24 horas déronse de alta 1.866 persoas.