CRTVG

Buscar

Sanidade notifica 11.061 casos e 93 falecidos, coa incidencia baixando a 151

Publicado o 17/05/2021 19:10
Sanidade notifica 11.061 casos e 93 falecidos, coa incidencia baixando a 151

A incidencia da covid continúa o seu descenso ao situarse este luns en 151 casos por cada cen mil habitantes, once puntos menos que o venres. A ocupación das uci por enfermos de coronavirus é do 18,6 %, medio punto menos, segundo destacou o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias.

Fernando Simón cualificou os datos como "favorables" e destacou que a tendencia descendente dos últimos días dáse en todas as comunidades. Advertiu que aínda non se pode asegurar que as aglomeracións da pasada fin de semana vaian a reflectirse nos contaxios. 

Son os últimos datos facilitados polo Ministerio de Sanidade, que indican que hai 11.061 novos casos de covid-19 durante a fin de semana, 1.170 deles diagnosticados nas últimas 24 horas. A cifra total de contaxios en España elévase xa a 3.615.860 desde o inicio da pandemia, segundo as estatísticas oficiais. No informe deste luns engadíronse 93 novos falecementos.

 

Noticias web

17/05/2021