CRTVG

Buscar

Sanidade non reportou falecidos este luns, pero informa de tres decesos na xornada anterior

Publicado o 08/03/2021 20:17
Sanidade non reportou falecidos este luns, pero informa de tres decesos na xornada anterior

Sanidade notificou o falecemento de tres persoas diagnoticadas con coronavirus. Con estes datos, a cifra total de mortes ascende a 2.278 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Os decesos son os dunha muller de 85 anos no HULA, unha muller de 74 anos no CHUS e un home de 78 anos no CHOP; todos eles na xornada do domingo.

Segundo informa Saúde Pública, todas elas presentaban patoloxías previas