CRTVG

Buscar

Sanidade informa de catro mortes máis pola covid−19, que se produciron o martes

Publicado o 24/03/2021 21:15
Sanidade informa de catro mortes máis pola covid−19, que se produciron o martes

Sanidade acaba de notificar o falecemento de catro persoas que foran diagnosticadas de coronavirus. Con elas, o número de vítimas mortais que deixa a pandemia en Galicia ascende a 2.329.

Os decesos, todos eles ocorridos onte, son os dun home de 97 anos no CHUVI, unha muller de 92 anos no CHUS procedente da Residencia de Maiores de Silleda, un varón de 75 anos no CHUVI e un home de 99 anos no CHUF.

Segundo informa Saúde Pública, as catro persoas presentaban patoloxías previas.