Sanidade investiga un andazo de tuberculose en Lugo
O primeiro caso de tuberculose detectouse nun cativo de dous anos e comezou entón un estudo dos seus contactos próximos. Acabaron diagnosticando nove persoas, seis menores de idade e tres adultos pertencentes á mesma familia. O foco da enfermidade localizouse nun home que ingresou en estado grave no HULA e que xa está estable, mentres que os demais están só a tratamento.
A tuberculose adoita contaxiarse polo aire e darse en casos de convivencia prolongada. Son só os adultos as persoas que poden transmitir a enfermidade e non o fan os nenos.
Nos últimos vinte anos a incidencia da tuberculose reduciuse un 80%, con todo, os servizos sanitarios continúan examinando tamén os infectados, persoas que mantiveron contacto co bacilo pero que non están enfermas.