Sanidade inicia un cribado na Estrada e chama de novo á participación nestas probas
Publicado o 02/02/2021 21:54
Preto de 3.000 persoas de entre 31 e 50 anos están citadas neste centro de saúde da Estrada. O cribado comezou hoxe e vaise prolongar ata o vindeiro xoves. O obxectivo é detectar asintomáticos e romper as cadeas de transmisión. Por exemplo, no cribado realizado esta fin de semana en Santiago detectáronse 11 positivos.
Por iso as autoridades sanitarias nos insisten na importancia de participar nestas probas aleatorias de detección da covid.
Nos vindeiros días faranse en Oroso, Melide e na comarca do Valdeorras, entre outros municipios galegos. Tamén se vai realizar un cribado entre todos os profesionais do Sergas.