CRTVG

Buscar

Sanidade habilita un novo número gratuíto para informar do coronavirus

Publicado o 03/03/2020 11:45
Sanidade habilita un novo número gratuíto para informar do coronavirus

A Consellería de Sanidade puxo ao dispor da cidadanía o teléfono 900400116 para dar información xeral sobre o coronavirus, un número gratuíto no que se resolverán as dúbidas que poidan xurdir respecto diso.

En calquera caso, o departamento sanitario galego subliña nun comunicado que para as persoas con sintomatoloxía, consistente en febre, tose, sensación de falta de aire, e que regresasen de zonas de risco ou tivesen contacto con alguén que estivese neses lugares, recoméndase non acudir directamente ao hospital ou centro de saúde e contactar co 061.

O novo teléfono substitúe o 902400116, que era o número que ata a data tiña a Xunta.