CRTVG

Buscar

Sanidade estudará ampliar a apertura da hostalería ata as 20:30 nunha primeira fase

Publicado o 15/03/2021 19:55

• Os hostaleiros piden que os restaurantes poidan pechar ás 22:30 en Semana Santa

O sector ten a vista posta na próxima fin de semana, na ponte de San Xosé. Agardan que para daquela poidan relaxarse algo as medidas. E que bares e restaurantes poidan ampliar o seu horario de apertura, polo menos ata as oito da tarde. Con vistas á Semana Santa aspiran a máis.

Cesáreo Pardal, presidente do Clúster do Turismo de Galicia: "Nos restaurantes, que se puidese subir ese peche ás dez e media da noite para poder dar esa quenda de ceas aproveitando a Semana Santa. E para iso habería que ampliar o toque de queda ata as once".

A Xunta está disposta a avanzar na desescalada da hostalería, pero sempre condicionada a que os datos da pandemia evolucionen favorablemente. E con pasos prudentes e efectivos a longo prazo.

Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta: "Agora estamos ás seis da tarde, e a idea é seguir avanzando tanto en ocupación como en horarios. Coa vista posta en ter unha temporada estival que se asemelle o máximo posible a un verán normal. E iso é o que nos obriga a dar pasos prudentes".

A última palabra tomaraa este martes o comité clínico. Coa súa análise dos datos decidirase se se relaxan ou non as restricións para a hostalería.

Noticias web

15/03/2021