CRTVG

Buscar

Sanidade estuda se administrar a terceira dose da vacina nas residencias

Publicado o 15/09/2021 15:05

O Consello Interterritorial de Sanidade analiza se subministrar a terceira dose de vacinas nas residencias. Hai varias comunidades autónomas que xa se amosaron partidarias de facelo. Madrid, Andalucía, Castela-León ou a Comunidade Valenciana son algunhas das que estarían por dar xa ese paso. Outras, entre elas Galicia, seguen valorando esa opción, pero sempre baseada na evidencia científica.

Pola súa parte, a patronal das residencias leva tamén dende agosto pedindo esa terceira dose. En calquera caso, a decisión dependerá da Comisión de Saúde Pública que se reúne este xoves.

Noticias web

15/09/2021