CRTVG

Buscar

Os menores de 60 que teñen posta unha dose de AstraZeneca coñecerán hoxe como os van inmunizar

Publicado o 18/05/2021 08:47

• A Xunta aposta por poñer a segunda dose desa mesa vacina aos máis de 60.000 galegos están á espera da decisión

• Outra opción é mesturar marcas e inocular a segunda dose de Pfizer

A Comisión de Saúde Pública reúnese esta tarde para decidir como se inmunizarán os menores de 60 anos que xa teñen unha dose de AstraZeneca. Son máis de dous millóns de españois, entre eles máis de sesenta mil galegos, os que están á espera e deberían comezar a recibir a seguinte inxección a semana que vén.

Barállanse tres opcións. Unha sería a que se analizou no ensaio clínico elaborado polo Instituto Carlos III, cuxos resultados preliminares serán a base de traballo da comisión. Nel estudouse a eficacia e seguridade de mesturar marcas e inocular a segunda dose de Pfizer. Isto xa o fan outros países, como Finlandia, Suecia e mais Francia.

Pero o que recomenda a Axencia Europea do Medicamento é que a seguinte inxección sexa tamén de AstraZeneca, opción elixida por Alemaña e Italia.

Outra posibilidade é que estas persoas queden só coa primeira vacina

Arestora, máis de sete millóns de españois xa están totalmente inmunizados: son o quince por cento da poboación. Cos datos actuais, Pedro Sánchez avanzou os seguintes fitos marcados no calendario.

Noticias web

18/05/2021