CRTVG

Buscar

Sanidade estuda a reapertura dos centros de vacinación masiva para a terceira dose

Publicado o 24/10/2021 20:19

Lugares coma o recinto feiral de IFEVI en Vigo, a Cidade da Cultura en Santiago, Expocoruña, Expourense e todos os demais centros habilitados nas cidades galegas principais poderían abrir a finais de novembro para a administración da terceira dose da vacina contra a covid-19.

A vacinación da dose de reforzo contra a covid−19 avanza polo momento nos centros de saúde de cabeceira. A poboación maior de 80 anos comezará a recibir a terceira inxección a partir deste luns. E no momento en que acudan á cita daráselles a posibilidade de inmunizarse tamén da gripe.

O Sergas calcula que na segunda quincena de novembro moitos galegos menores de 80 anos terán feitos os seis meses de cadencia entre doses e poderán poñer a terceira. Por iso, o conselleiro de Sanidade dixo que estuda reabrir os centros de vacinación masiva, na Cidade da Cultura e nos centros de exposicións das cidades.

En canto ás restricións na hostalería e no ocio nocturno, o responsable de Sanidade considera esixir o certificado de covid-19 en máis ámbitos. García Comesaña móstrase satisfeito da situación epidemiolóxica, aínda que matiza que o obxectivo "é que non haxa ningún paciente ingresado".

Noticias web

24/10/2021