Sanidade confirma un brote de coronavirus no Porriño con seis contaxios
A Consellería de Sanidade confirmou ao Concello do Porriño a localización neste municipio pontevedrés dun brote de coronavirus con seis contaxios, segundo informaron fontes da corporación local.
O primeiro contaxiado foi un mozo que transmitiu a enfermidade á súa noiva e aos familiares máis próximos de ambos.
Todos eles están illados nos seus domicilios e estáselles realizando un seguimiento a través dos médicos de atención primaria.
Xa se realizaron unha serie de probas PCR e os cuxos resultados se coñecerán ao longo desta xornada. A probas van axudar a determinar se o radio de contaxios é máis amplo.
O brote está localizado no centro do Porriño, onde seis persoas da mesma familia deron positivo tras unha xuntanza familiar.
Os rastrexadores dos equipos de atención primaria teñen máis dunha vintena de persoas en corentena ao estaren en contacto con estes positivos aos que xa se lles están realizando as probas PCR para poder determinar o alcace deste brote.
Dende a Consellería de Sanidade e tamén dende o propio Concello piden precaución a toda a cidadanía, sobre todo agora que o verán propicia as festas familiares e de lecer.