CRTVG

Buscar

Sanidade comunica seis novas mortes nunha xornada de descenso dos casos activos

Publicado o 06/08/2021 20:02

• Dous dos falecidos procedían de residencias de maiores galegas

Sanidade comunica seis novas mortes nunha xornada de descenso dos casos activos

Este venres comunicáronse seis mortes vencelladas á covid. O 5 de agosto morreu un home de 82 anos no CHUF, procedía da residencia Santo Estevo de Perlío, en Fene. No mesmo día, tamén morreron dous homes no CHUVI, un home de 84 anos, procedente do centro DomusVi de Vigo e outro de 88.

Hoxe morreron outras tres persoas. Dúas mulleres no Hospital do Salnés e en Povisa. Tiñan 85 e 91 anos respectivamente. Outro home perdía a vida no HULA. Todos os falecidos tiñan patoloxías previas, segundo indicou Sanidade.

Dende que comezou a pandemia 2.489 persoas perderon a vida en Galicia