CRTVG

Buscar

Dez novas mortes elevan a 2.474 os falecidos pola pandemia en Galicia

Publicado o 02/08/2021 20:19

• Producíronse nos últimos 4 días | Os falecidos tiñan entre 79 e 95 anos | Agosto comeza coa maior baixada de casos activos desde marzo (-157)

Dez novas mortes elevan a 2.474 os falecidos pola pandemia en Galicia

Na tarde do luns Sanidade notificou a morte de dez persoas que foran diagnosticadas coa covid e que presentaban patoloxías previas. O 30 de xullo morreu unha muller de 93 anos no CHUS. O 31 de xullo producíase o falemento doutra de 95 no CHOP.

O 1 de agosto morreu unha muller de 89 e un home de 79 no HULA, dous homes de 94 no CHUF e un home de 87 no hospital do Salnés.

Un día despois, o 2 de agosto, falecía un home de 85 anos no HULA e dúas mulleres de 91 e 81 no Hospital do Salnés e no CHOP, respectivamente.

Dende o inicio da pandemia faleceron 2.474 persoas en Galicia.