CRTVG

Buscar

Sanidade analiza o plan de desconfinamento dos territorios: dende a apertura de tendas ao regreso ás praias

Publicado o 27/04/2020 14:55

Para acceder á desescalada, as comunidades deberán reforzar a asistencia sanitaria, sobre todo nas UCI, e terán que partir dunha situación epidemiolóxica controlada. Con eses requisitos poden iniciar o desconfinamento, que os conselleiros autonómicos debaten hoxe co ministro de Sanidade. Farase de xeito gradual e por territorios.

Nas Canarias queren empezar por reactivar o turismo. Andalucía propón reabrir en maio comercios, salóns de peitado e hostalería. Madrid tamén quere a reapertura das tendas, pero non fixa datas. Valencia defende os desprazamentos a segundas residencias e querer salvar a temporada de praia.

Cataluña quere desconfinar por idades e Euskadi quere recuperar a finais de maio a actividade económica e social. Torra e Uurkullu rexeitan o mando único, e varias comunidades critican algunhas medidas do inicio da desescalada, como a saída dos nenos.

Os plan territoriais de desconfinamento serán aprobados no Consello de Ministros de mañá.

Noticias web

27/04/2020