CRTVG

Buscar

Sanidade advirte a Madrid que non pode retirar as máscaras nos recreos

Publicado o 22/10/2021 09:22

A boa evolución da pandemia abriu o debate sobre a idoneidade de que os nenos sigan levando máscara nos patios dos colexios. A Comunidade de Madrid anunciou que a retirarán desde este luns. Pero Sanidade lembroulle que esa medida escapa ás súas competencias. Galicia só o permitirá se é legalmente posible.

O anuncio facíao a propia presidenta madrileña no pleno da Asemblea. Pouco despois, no Ministerio de Sanidade, lembrábanlle á Comunidade de Madrid que non pode decidir unilateralmente esa medida porque a lei en vigor establece o uso da máscara en espazos ao aire libre onde non sexa posible manter unha distancia mínima de metro e medio.

Na Comunidade de Madrid matizaban logo que o texto da nova resolución establecerá que se poderá sacar a máscara sempre e cando haxa distancia de seguridade. O Goberno galego tamén o permitirá pero só con aval xurídico. A Xunta tamén anunciou que permitirá alternativas á máscara no deporte base aos maiores de 12 anos, alternativas que poderán propor as federacións.

Noticias web

22/10/2021