CRTVG

Buscar

Sanidade abre unha nova quenda para pedir cita para a vacinación, con 50.000 doses

Publicado o 05/09/2021 20:37

En Ourense, o Sergas citou 3.600 persoas pendentes de iniciar a pauta de vacinación. Administráronlles a primeira dose de Moderna. Recibirán a segunda en catro semanas, igual que os coruñeses que responderon á convocatoria en Expocoruña.

O equipo de vacinación tiña preparadas máis de 8.000 unidades. A campaña de vacinación continúa avanzando, xa con máis do 85 % da poboación diana coa pauta completa. A prioridade do Sergas é concluír a vacinación dos nenos de máis de doce anos. Dáse de prazo ata o 19 de setembro.

Na semana que entra, Sanidade abre unha nova quenda para solicitar cita, con 50.000 doses coas que quere chegar a parte dos 224.000 galegos emprazados no seu momento a través do teléfono móbil, pero que non acudiron á convocatoria.

 

Noticias web

05/09/2021