CRTVG

Buscar

O Sergas acepta a dimisión de 22 médicos da área sanitaria de Vigo

Publicado o 05/04/2019 08:14

Celébrase hoxe unha reunión para analizar as reinvindicacións da folga da próxima semana

O Sergas citou para hoxe a Coordinadora Galega de Atención Primaria para analizar as reivindicacións da folga convocada para a próxima semana.

O paro está apoiado pola asemblea de médicos da área sanitaria de Vigo, aos que o Sergas aceptou finalmente a súa dimisión. Son quince xefes de servizo e 8 de unidade. Sanidade iniciará agora o procedemento, que se alongará varios meses, en que se nomeará novos responsables do centros de saúde. Os médicos presentaran por segunda vez a súa dimisión irrevogable por non querer ser cómplices, aseguraron, da deterioración da Atención Primaria.

Noticias web

05/04/2019