Sandro Rosell enfróntase a 11 anos de cárcere
Publicado o 25/02/2019 15:41

A Audiencia Nacional acolle desde hoxe o xuízo ao ex-presidente do Fútbol Club Barcelona Sandro Rosell, a súa muller e outros parentes e amigos. Rosell enfróntase a unha petición de 11 anos de cárcere e 59 millóns de euros de multa. Acúsano de liderar unha organización criminal que branqueou preto de 20 millóns de euros de Ricardo Terra, ex-presidente da Confederación Brasileira de Fútbol.
A defensa de Rosell cuestiona que a Audiencia Nacional sexa competente para xulgalo porque entende que os feitos ocorreron fóra de España e pide a súa posta en liberdade.