CRTVG

Buscar

Sandra Ortega, a filla de Amancio Ortega, a española máis rica, segundo 'Forbes'

Publicado o 05/03/2019 18:55
Sandra Ortega, a filla de Amancio Ortega, a española máis rica, segundo 'Forbes'

Sandra Ortega, filla de Amancio Ortega, é a española máis rica, segundo a lista de multimillonarios publicada hoxe pola revista Forbes.

Ortega, herdeira de Inditex e filla do fundador de Zara, Amancio Ortega, cuns activos estimados en 6.100 millóns de dólares, cae desde a posición 237 do mundo, que ocupaba o ano pasado, á 267 este ano. A segunda española nesa índice é a empresaria e coleccionista de arte Alicia Koplowitz, no posto 1.008, que conta con 2.430 millóns de dólares.

A lista Forbes, publicada hoxe, recolle as persoas cunha fortuna estimada superior aos mil millóns de dólares e este ano a lidera o fundador de Amazon, Jeff Bezos, seguido de Bill Gates, Warren Buffet e Bernard Arnault.

Un ano máis, Amancio Ortega é o español máis rico, no sexto posto dunha lista que en 2019 conta con 2.513 "mil millonarios" (55 menos ca que o ano pasado), dos que 243 son mulleres, a máis rica, a herdeira e presidenta de L'Oreal, Françoise Bettencourt-Meyers, que con 49.300 dólares como fortuna estimada, colócase no posto 15. A chilena Iris Fontbona é a muller latina máis rica do mundo, cunha fortuna que a revista sitúa nos 15.400 millóns de dólares e que sobe do posto 80 ao 7.

Noticias web

05/03/2019