CRTVG

Buscar

Sancionan con 30.000 euros un condutor que cegou un camioneiro cun punteiro láser

Publicado o 21/11/2020 12:13

A Garda Civíl propuxo para sanción o condutor dun furgón de reparto por cegar cun punteiro láser un camioneiro que circulaba detrás do seu vehículo na autoestrada de peaxe AP-2 en Lleida.

Sucedeu o 11 de novembro e os axentes de Tráfico detectaron a infracción nun vídeo que se difundiu nas redes sociais. Nas imaxes constátase como se proxectaba varias veces desde un furgón dunha empresa de reparto un feixe de luz de cor verde desde un punteiro láser sobre a visión dun camioneiro de grande tonelaxe, o que o cegou momentaneamente. A situación puido derivar nun accidente grave.

A investigación

Fotograma a fotograma os axentes lograron identificar con puntos de referencia a vía en que se produciron os feitos na autoestrada de peaxe entre Zaragoza e o Mediterráneo no concello de Soses, ademais da matrícula do furgón, polo que, unha vez contactada a empresa propietaria, identificouse o seu condutor.

Agora instrúese un expediente por infracción moi grave á Lei de protección da seguridade cidadá, que pode levar unha sanción de 30.000 euros.


 

Noticias web

21/11/2020