CRTVG

Buscar

Sancionan 10 persoas non conviventes nunha festa de aniversario en Teo

Publicado o 03/02/2021 14:26

Foi a cantidade de coches á porta dunha vivenda o que fixo que se alertara a Policía Local de Teo sobre un incumprimento das actuais restricións nunha vivenda da parroquia de Oza, en Teo.

"Os compañeiros da patrulla desprázanse ata o lugar e comproban que no perimetro da vivenda había bastantes vehículos. Procedemos a verificar matrículas e comprobamos que non corresponde a vehículos con domicilio no concello", di Ignacio Orge, xefe da Policía Local de Teo.

O balbordo que se escoita fai que os axentes intenten, sen éxito, que contesten as súas chamadas.

"Sobre as 7 media volvemos e xusto cadra que empeza a saír a xente. Nun primeiro momento indícannos que son todos conviventes, pero pouco despois comrpobamos que non é así e que empezan a subir nos vehículos. Afirman que son doutros concellos, de Santiago e da Estrada, e que viñeron ao aniverasrio dun rapaz. De feito, son 20 persoas e a metade nenos e nenas", di Ignacio Orge, xefe da Policía Local de Teo.

Unha actitude que indigna os veciños do concello.

Os infractores foron sancionados por incumprir a norma que prohibe as reunións entre non conviventes e por saltar a restrición perimetral municipal.

Noticias web

03/02/2021