CRTVG

Buscar

Sanción a cinco mozos que facían 'botellón' en Pontevedra

Publicado o 02/02/2021 14:17

A contorna da rúa Tablada en Pontevedra é un dos lugares elixidos polos máis novos para reunirse. Os veciños quéixanse de que moitos van sen máscaras e saltan as limitacións de reunión de conviventes.

A Policía Local de Pontevedra insiste en que a mocidade se está comportando de xeito exemplar, e que os que saltan as normas son moi poucos. Foi o caso de cinco menores aos que tiveron que sancionar o venres pasado por non cumprir as normas. 

A xuntanza saíulles cara aos cinco amigos, con multas de 600 euros a cada un por reunión de non conviventes, e a maiores outros 600 a dous deles, de Poio e Marín, por saltar o límite perimetral.

Noticias web

02/02/2021