CRTVG

Buscar

Sánchez agradece a Filipe VI que marque distancias ante as noticias sobre o seu pai

Publicado o 08/07/2020 15:01
Sánchez agradece a Filipe VI que marque distancias ante as noticias sobre o seu pai

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, admitiu este mércores que considera "inquietantes e  perturbadoras" as informacións relativas aos presuntos negocios do rei Xoán Carlos, ao que investiga a xustiza por cobrar supostamente comisións por interceder no contrato do AVE á Meca, e valorou que o monarca actual, Filipe VI, estea "a marcar distancias" co emérito.   

Así se pronunciou en rolda de prensa conxunta co primeiro ministro italiano, Giuseppe Conte, desde o Palacio da Moncloa, preguntado se ao Executivo preocúpalle que estas informacións que se están coñecendo afecten negativamente á institución da Coroa. 

Sánchez puxo en valor que haxa medios de comunicación "que non miran para outro lado" ante unha investigación que afecta o rei emérito e sobre a que están a se facer "eco", do mesmo xeito que remarcou que a "xustiza está a actuar". "A propia Casa Real está a marcar distancias fronte a esas informacións inquietantes, perturbadoras", resolveu.