CRTVG

Buscar

Sánchez sobre o prezo da luz: "Actuamos e seguiremos actuando"

Publicado o 01/09/2021 13:37

Pedro Sánchez, na comparecencia que ofreceu este mércores coa que daba por iniciado o curso político, asegurou que "o Goberno se fai cargo da preocupación social" provocada pola escalada da factura eléctrica e que por iso "actuará ata solucionar a alza dos prezos", pero que o fará "sempre dentro do marco regulatorio europeo".   

Sánchez falou dunha "complexa situación do sector enerxético e a evolución do mercado almacenista", á cal, dixo, "non é posible dar unha única resposta, senón unha axenda reformista, con medidas conxunturais, estruturais e tamén cun compromiso inequívoco de protección social cara a aqueles consumidores máis vulnerables".

Sánchez defendeu a rebaixa temporal de impostos acometida polo Goberno e pediu unha "tramitación rápida" nas Cortes para as reformas legais aprobadas para rebaixar a factura   

O presidente do Goberno tamén saudou a posibilidade de que o Congreso inicie unha comisión para estudar o mercado eléctrico e, a partir de escoitar a expertos, e poida elaborar recomendacións para a súa reforma. 

En calquera caso o presidente do Goberno descarta as propostas de Unidas Podemos que pedían medidas máis drásticas de intervención no mercado cunha empresa pública e fixando prezos. Un dos últimos en pronunciarse foi Pablo Iglesias que rompeu o seu silencio para pedirlle ao PSOE que cumpra o acordo de goberno e actúe para baixar os prezos.

Tamén a oposición insiste en pedir medidas concretas que poñan freo á escalada de prezos.

Noticias web

01/09/2021