CRTVG

Buscar

Sánchez, sobre o asasinato de Samuel: "Foi un acto salvaxe e desapiadado"

Publicado o 05/07/2021 20:00
Sánchez, sobre o asasinato de Samuel: "Foi un acto salvaxe e desapiadado"

EFE

EFE

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, confía en que a investigación policial identifique "pronto" os autores do asasinato do mozo Samuel Luizean Coruña: "Foi un acto salvaxe e desapiadado". Sánchez cualifica así na súa conta persoal de Twitter a brutal agresión que acabou coa vida deste mozo de 24 anos, auxiliar de enfermería, o pasado sábado nos arredores dunha discoteca da cidade galega.

"Confío en que a investigación da policia dea pronto cos autores do asasinato de Samuel e esclareza os feitos. Foi un acto salvaxe e desapiadado", sinala nun chío. O xefe do Executivo advirte de que "non daremos nin un paso atrás en dereitos e liberdades" e de que "España non o vai tolerar", á vez que traslada todo o seu apoio á familia e seres queridos do novo asasinado.

Ao longo da fin de semana e durante este luns a policía estivo tomando declaración ás testemuñas da agresión, aínda que ata o momento non se produciu ningunha detención e están abertas todas as liñas de investigación. 

 

Noticias web

05/07/2021