CRTVG

Buscar

Sánchez apoia a plataforma electoral que prepara Yolanda Díaz

Publicado o 18/10/2021 15:16

Pedro Sánchez, apoiou hoxe, nunha entrevista, unha eventual coalición dos partidos que están á esquerda do PSOE, unha nova plataforma electoral que aspira a liderar a actual ministra de Traballo, Yolanda Díaz.

"Sería importante que se dera ese proceso de unión nese espazo á esquerda do PSOE, porque, ao final, o sistema electoral no noso país penaliza a división. Necesitamos a todo o espazo progresista en plena forma", apuntou o presidente do Goberno.

Noticias web

18/10/2021