CRTVG

Buscar

Sánchez recupera a Antonio Hernando para o gabinete da Presidencia

Publicado o 18/10/2021 20:37
Sánchez recupera a Antonio Hernando para o gabinete da Presidencia

O exvoceiro do PSOE no Congreso Antonio Hernando será o futuro director adxunto do gabinete da Presidencia. Anunciouno Pedro Sánchez, un día despois dun congreso federal marcado polos xestos de reconciliación no Partido Socialista.

Hernando foi home de confianza de Sánchez durante a súa primeira etapa como secretario xeral do PSOE. Romperon en 2016, cando a rebelión dos baróns socialistas precipitou a caída de Sánchez e Hernando defendeu no Congreso a abstención que permitiría gobernar a Mariano Rajoy.

Noticias web

18/10/2021