CRTVG

Buscar

Sánchez propón o día 24 para a mesa de diálogo e Torra pide unha data acordada

Publicado o 19/02/2020 13:43

Pedro Sánchez e Quim Torra pactaron hai 15 días que a mesa de diálogo nacese antes de fin de mes. Pero tamén que a data fose pactada entre os equipos técnicos dos dous executivos. Por iso, a proposta da Moncloa de constituíla o vindeiro luns non gustou na Generalitat.

Laura Borrás, voceira de JxCAT no Congreso, lamenta que “a mesa para o luns sen ter en conta sequera as axendas. É unha cuestión mínima de protocolo. Nós insistimos no tema do mediador, a ver se o mediador vai ser necesario para acordar algo tan sinxelo como é a data”

Outra vez, Esquerra Republicana xogou o papel conciliador pola parte independentista.

Gabriel Rufián, voceiro de ERC no Congreso , di que “paréceme ben que se produza a xuntanza. Sempre o comentamos e creo que é unha boa nova que se cumpran os acordos”

A mesa corría risco de demorarse ante as discrepancias entre os socios de goberno en Cataluña pola figura do mediador.