CRTVG

Buscar

O Goberno propón prohibir os voos curtos no plan 'España 2050'

Publicado o 20/05/2021 15:14

• Estudan cambiar os actuis impostos sobre vehículos, por outro que grave o seu uso

• O sector cárnico galego desconfía da medida de redución do consumo de carne

 

EFE

O presidente do Gobenro presentou o Informe España 2050, elaborado por 200 expertos, pretende debuxar a España de 2050 e o camiño ata alí, con centos de propostas. En impostos, elevar os ingresos oito puntos reducindo as bonificacións fiscais e gravando máis a riqueza.

Tamén se inclúen novos tributos sobre os carburantes, o alcol e o tabaco, substituír o imposto de circulación por outro relacionado co uso real do vehículo ou prohibir os voos curtos sempre que haxa alternativa en tren a menos de dúas horas e media. Sánchez presentou o documento como un proxecto aberto, de país e non de Goberno e pide un diálogo amplo.

Entre os obxectivos, está lograr un paro do 7%, rematar coa fenda salarial entre homes e mulleres e xeralizar unha xornada laboral de 35 horas semanais. Dende a oposición, o PP ve un insulto que Sánchez fale hoxe dunha España virtual e non dos problemas actuais. 'España 2050' fala tamén de educación, con máis gasto por estudante, 800.000 alumnos menos e colexios pechados.

De fomentar unha vellez activa complementando pensión e traballo. E non hai alusións á débeda pública.

Noticias web

20/05/2021