Sánchez pide a Bruxelas medidas extraordinarias para abordar a escalada da luz
Publicado o 06/10/2021 15:28
E o prezo da electricidade non deixa de marcar máximos. Dispárase un 26 por cento nun só día, o que levará mañá a un novo récord de 288 euros o megawatt/hora.
A cuestión enerxética é un dos temas que centra o cumio da Unión Europea e Os Balcáns. Pedro Sánchez pídelle a Bruxelas "medidas extraordinarias" para abordar a escalada sen precedentes do prezo da enerxía. O presidente do Goberno propón unha reforma do mercado grosista e compras coordinadas de gas. A proposta europea coñecerase a próxima semana.