Sánchez ofrecerá máis investimentos en Cataluña para avanzar nas negociacións de investidura
Pedro Sánchez chamará a próxima semana a Quim Torra, dentro dunha rolda de contactos con todos os presidentes autonómicos, pero o catalán demanda un trato preferente. Pedro Sánchez vai ofrecerlle infraestruturas e unha reforma do financiamento autonómico.
A próxima semana, Pedro Sánchez arranca os contactos cos presidentes autonómicos, unha estratexia que critica o propio Quim Torra. O candidato á investidura vai tentalo con máis investimentos en Cataluña.
O primeiro en coller o teléfono, o martes, será o presidente vasco. Urkullu vaille pedir máis competencias e que se aborde a cuestión territorial.
En paralelo, a negociadora socialista Adriana Lastra reunirase con todos os grupos parlamentarios, tamén con Bildu, ao que ata agora vetaban. Bildu tamén lle vai pedir aos socialistas cambios na política penitenciaria.
Desde o cárcere, o líder de Esquerra, Oriol Junqueras, amaga con impedir a investidura de Sánchez se este non acepta as súas condicións.
O presidente do Partido Popular recoméndalle ao candidato socialista que busque os apoios que precisa noutros partidos.