CRTVG

Buscar

Sánchez mantén a súa axenda en Bruxelas malia o adiamento do cumio da UE por un positivo

Publicado o 23/09/2020 12:13

A UE apraza ata os días 1 e 2 de outubro o seu cumio pola corentena do presidente do Consello Europeo Charles Michel. Aínda que non deu positivo, estivo en contacto cun membro próximo do seu equipo que si. Michel estará nove días confinado, seguindo as normas belgas.

Pola súa banda, o presidente do Executivo español, Pedro Sánchez, seguirá a súa axenda en Bruxelas e manterá reunións co secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg, e máis tarde co alto representante para Asuntos Exteriores e Seguridade, Josep Borrell.

Pola tarde manterá unha reunión co comisario de Economía, Paolo Gentiloni, e despois coa presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen.

A viaxe de Sánchez a Bruxelas impediu asistir á sesión de control do Goberno deste mércores no Congreso, e atraeu as críticas da oposición.