CRTVG

Buscar

Sánchez fala do "principio da fin da pandemia" coa chegada das vacinas

Publicado o 26/11/2020 14:50

Coa chegada das vacinas, o presidente do Goberno abre a porta á esperanza. Pedro Sánchez visitou a fábrica da farmacéutica Rovi. Alí producirán unha das vacinas anticovid. Sánchez avogou pola ciencia como elemento de seguridade nacional.  

"Hai unha terceira fase que eu creo que é o principio da fin da pandemia, a que comezamos a coñecer nestas semanas. A chegada das vacinas e a estratexia de vacinación. Comezamos a ver a luz ao final do túnel", dixo Sánchez.

Noticias web

26/11/2020