CRTVG

Buscar

Sánchez explica no Congreso os acordos do fondo de recuperación acadados no cumio europeo

Publicado o 29/07/2020 09:59
Sánchez explica no Congreso os acordos do fondo de recuperación acadados no cumio europeo

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, comparece desde as nove da mañá ante o pleno no Congreso para explicar o acordo histórico acadado no cumio de Burelas que aprobou o fondo de recuperación.

A España vanlle corresponder uns 140.000 millóns, dos que 72.000 serán en axudas directas. O Goberno sinala que estas axudas achanzan o camiño para os seus primeiros presupostos, aínda que non ten claro quen os vai apoiar.

O fondo de recuperación vai estar financiado por unha emisión sen precedentes de débeda conxunta por parte da Comisión Europea.

Noticias web

29/07/2020