CRTVG

Buscar

Sánchez está "satisfeito" coa coalición, pero pídelle a Podemos "reducir decibeles"

Publicado o 24/02/2021 15:22

Pedro Sánchez pedíalles este mércores a todos os partidos unidade porque, na súa opinión, "a sociedade española está exhausta e agarda da política humanidade, responsabilidade e xenerosidade". Dende o PP, Pablo Casado, afeáballe que pedise unidade "pero non a ten dentro" do goberno. 

Ningún dos socios da coalición oculta que haxa discrepancias, pero réstanlle importancia. Para o Pablo Echenique, o voceiro de Unidas Podemos, "ter diferentes posicións, debatir e chegar a acordos, iso si que é normalidade democrática".

Tamén Sánchez recoñece as disputas, pero cre que o importante son os resultados. Declárase "razoablemente satisfeito" aínda que lle pide aos de Iglesias "reducir un pouco os decibelios".

Podemos pídelle ao PSOE cumpra co acordado, como intervir o mercado do alugueiro coa futura lei de vivenda, e arrastran consigo os seus aliados parlamentarios. Para o voceiro de ERC, Gabriel Rufián, "non regulando o prezo do alugueiro tal e como se comprometeron, señorías do PSOE, fere, fere como unha porra".

Pero a pesar das diferenzas, tanto o PSOE como Podemos descartan a ruptura da coalición.

Noticias web

24/02/2021