Sánchez e Macron analizan os resultados do 26-M
Publicado o 27/05/2019 21:13
O presidente do Goberno en funcións cea con Macron para repasar o escenario aberto tras as europeas de onte.
Emmanuel Macron invitou a Pedro Sánchez ao Elíseo para analizaren os resultados e artellar unha estratexia conxunta para frear o auxe da ultradereita. A xuntanza tamén servirá para discutiren sobre a renovación de cargos institucionais na Unión Europea.