CRTVG

Buscar

Sánchez e Casado conversan sen lograr ningún avance sobre a renovación do CXPX

Publicado o 15/12/2020 18:39
Sánchez e Casado conversan sen lograr ningún avance sobre a renovación do CXPX

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o líder do PP, Pablo Casado, mantiveron este martes unha conversa telefónica na que non houbo ningún avance para desbloquear a renovación do Consello do Poder Xudicial.

O pasado venres, Sánchez adiantou a súa intención de chamar a Casado para comprobar se era posible superar a actitude de bloqueo a esa renovación por parte do principal partido da oposición.

Fontes do Goberno e do PP confirmaron que ambos mantiveron esa conversa, e Moncloa afirma que nos 45 minutos que durou non houbo avance ningún no obxectivo de renovar o órgano de goberno dos xuíces.