Sánchez di que vetar a Iceta sería un mal comezo de lexislatura
Publicado o 09/05/2019 20:01
O primeiro paso para que Iceta presida a cámara alta é que o vote o Parlamento catalán como senador por designación autonómica. Por tradición os grupos non vetan as propostas doutros, pero esta vez ameazan con facelo.
O propio Iceta di que sería un grave error impedir que un catalán presida o Senado.
Esquerra Republicana lamenta as formas do PSOE e ameaza con non apoialos.
Sánchez pídelles que reflexionen e advirte: é un mal comezo de lexislatura.
PP e Ciudadanos ven na designación de Iceta unha cesión ao independentismo.
O pleno no Parlamento catalán está programado para o mércores.