CRTVG

Buscar

Sánchez denuncia nun acto en Sevilla un "cordón sanitario" da dereita ao PSOE

Publicado o 16/02/2019 19:17

A casualidade fixo que Pedro Sánchez iniciase a precampaña das xerais a carón de Susana Díaz, porque o acto estaba previsto desde semanas atrás. O líder do PSOE salientou que serán os españois os que levanten o cordón sanitario que lle puxo onte a dereita tras convocar os comicios xerais.

Sánchez salientou que o seu goberno fixo máis polos dereitos sociais en sete meses que o do PP en sete anos e asegurou que a primeira medida que tomará, se o elixen presidente, será sacar adiante uns presupostos sociais. Tamén sinalou o "uso interesado" que fai a dereita do tema de Cataluña.

Finalmente, comprometeuse a aprobar por decreto, antes das eleccións, o salario para os parados de longa duración de máis de 52 anos.

Noticias web

16/02/2019